A Feira Franca é unha festa celebrada en Pontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. Está ambientada na idade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música, obradoiros, artesanía en coiro, madeira, téxtiles, produtos naturais...
A Feira Franca ten a súa orixe no mercado libre de impostos, que comezou a celebrarse na cidade por un privilexio real instaurado polo rei Henrique IV en 1467, coa celebración dunha festa dun mes de duración arredor do 24 de agosto na honra de San Bartolomeu. Nas feiras medievais congregábanse as clases sociais máis altas coas máis baixas arredor dun mercado.
A primeira edición foi celebrada no ano 2000, e desde entón atrae un gran número de xente. Os veciños vístense con traxes de inspiración medieval e o casco histórico da cidade sofre unha importante transformación estética. A comida convive cos disfraces usados polos veciños da cidade que se animan a participaren con carros e cabalos polas rúas, con condenados á forca, con ferreiros e outros personaxes.
Desde hai varios anos cada feira dedícase a un aspecto. No ano 2006 foi adicada ós irmandiños, no 2007 ó mar, e no 2008 ó agro. Na décima edición do ano 2009 a Feira recibiu o nome de Amor, escarnio e maldicir, en homenaxe ás cantigas medievais feitas en lingua galega.
Oh, creo que tendremos que ir a esa fiesta.
ResponderEliminar